PENSANDO NO FUTURO
Seguindo co Programa de Orientación académica e profesional, e co obxectivo de dar espazo á reflexión, á creatividade e a diversas formas de expresión, propoñemos unha actividade a modo de reto:
Dedica uns minutos a pensar sobre como te ves dentro de 10 anos. Pecha os ollos, deixa voar a túa imaxinación, e visualiza as seguintes cuestións:
- Como te imaxinas físicamente? (cambiaches moito, non...)
- Onde e con quen vives?
- A que te dedicas?
- Que aficións tes?
- De que te sintes máis orgulloso/a?
Agora, dalle forma aos teus pensamentos e:
- escribe unha breve redacción ou relato sobre eles,
- plasmaos nun debuxo, ou
- fai un cómic.
Si te animas, podes enviar as túas elaboracións a: orientadorafloriani@gmail.com, ben en pdf ben en foto, e serán publicadas coa túa autorización ou, simplemente, as comentaremos en privado.
O máis importante é participar e facer esa reflexión que, de seguro, axudaravos a marcar obxectivos na vosa vida.
O máis importante é participar e facer esa reflexión que, de seguro, axudaravos a marcar obxectivos na vosa vida.
Ánimo!

Comentarios
Publicar un comentario