CONTACTO É VIDA- CO-VID REDONDELA

O Concello de Redondela pon en funcionamento un servizo telefónico de escoita activa: COVID-REDONDELA (COntacto é VIDREDONDELA).

A través deste servizo preténdese manter o contacto coa cidadanía, principalmente persoas de avanzada idade e colectivos máis vulnerables, ás que o confinamento supoña ter que enfrontarse a situacións de soidade, illamento, medo, incerteza... e que precisen dun servizo de escoita activa. A iniciativa xurde das Concellerías de Servizos Sociais e Terceira idade e para a súa posta en funcionamento contamos coa colaboración da Cruz Vermella. O servizo funciona de luns a venres en horario de 9:00h a 14:00h a través do teléfono 986 401 713.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE