ABAU 2020-ÚLTIMAS NOVIDADES

A CIUG publicou nova información de interese acerca das probas ABAU deste ano. Deixámosvos a continuación un resumo cos aspectos máis relevantes da mesma.


1. Estrutura da proba.
Non hai cambios neste sentido, pero aproveitamos para facer un repaso desta estrutura:
  • Parte obrigatoria: as catro materias xerais troncais (LG, LC, L. Estranxeira e Historia de España) e a materia troncal da modalidade cursada (Mat. II, Mat. Aplicadas CCSS, Latín II ou Fundamentos da Arte).
  • Parte voluntaria: ata un máximo de 4 materias a escoller entre as materias troncais de opción de calquera modalidade, as obrigatorias non cursadas ou a segunda lingua estranxeira.

2. Matrícula na proba.
  • Anticipada: do 1 ao 17 de xuño. Para alumnado que obtivo o título de bacharelato ou equivalente en cursos anteriores e para o alumnado de FP que obtivera (ou  estea en vías de obtención) o título neste curso 19/20. A través da plataforma NERTA ou, excepcionalmente, nos LERDS dos distintos campus universitarios.
  • Ordinaria: do 10 ao 17 de xuño. Para o alumnado de bacharelato que obteña o título na convocatoria ordinaria deste ano académico. Cubrindo o impreso oficial e entregándoo debidamente cumprimentado na Secretaría do IES, xunto co xustificante do pago das taxas. O IES enviará ao LERD do 17 ao 19 de xuño toda a documentación recollida.
  • Extraordinaria: o día 3 de xullo. Para alumnado que obteña o título tras o período de reclamación das cualificacións de bacharelato.
3. Prezos da matrícula ABAU.
  • Ordinaria: 63,67€.
  • Familia numerosa-xeral: 31,84€.
  • Familia numerosa-especial: Gratuíta.
  • Persoas con discapacidade (>=33%): Gratuíta.
  • Vítimas de terrorismo ou violencia de xénero: Gratuíta.
  • Persoal das universidades galegas: Gratuíta.
4. Normas para o alumnado o día da proba.
Deberán levar DNI, resgardo da matrícula, bolígrafo azul ou negro e os materiais permitidos para certas materias (dicionario, calculadora, material Debuxo).

Para máis información preme aquí.

5. Datas.

6. Horario.

7. Publicación das cualificacións e revisión.
As cualificacións da ABAU serán publicadas o 16 de xullo a partir das 20:00h. A revisión das cualificacións poderase solicitar nos 3 días hábiles seguintes á data desa publicación, do 17 ao 21 de xullo (ata as 14:00h.). A través da plataforma NERTA.


8. Comisión para alumnado con NEE.
O alumnado con NEE que teña solicitada adaptación da proba, acudirá á sede sinalada na resolución enviada ao seu centro educativo.

9. Modelos de exame.
Preme aquí para consultalos.

10. O tedes todo para superar con éxito esta proba. Información, capacidades, ilusións... Agora só vos queda organizarvos ben e confiar en vós mesmos/as. Moito ánimo!!!

*Podedes consultar toda a información acerca da ABAU e do acceso ao sistema universitario galego, coma sempre, na páxina web da CIUG.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE