INFO UNIVERSIDADE E CICLOS DE FP (Ori. Académica P.2)

Paralelamente ás tarefas académicas, nalgún momento no que vos apeteza, deberiades facer unha reflexión acerca dos vosos intereses e preferencias no que aos graos universitarios se refire, unha revisión das notas de corte e das ponderacións, e no referente aos ciclos de Formación Profesional, para ter claras as vosas posibles opcións de cara ao futuro.


Aínda que xa o sabedes, deixovos os enlaces á nosa páxina de referencia para as consultas sobre o acceso á universidade, a da CIUG:
Para as persoas que están máis orientadas a facer un Ciclo formativo de Grao Superior, aínda que opino que realizar a ABAU nunca está demais (é o momento de facelo se titulades. Se aprobades a fase xeral, esa nota é para sempre), deixovos o enlace aos folletos informativos das diversas familias profesionais de FP que temos en Galicia:
A solicitude de admisión farase nos prazos establecidos pola Consellería (finais de xuño principios de xullo) a través da páxina web.

Unha última recomendación: consultade sempre a información nas páxinas web oficiais de cada centro ou facultade. A información veraz e actualizada sempre a atoparedes na páxina correspondente a eses estudos (hai moitas páxinas que ofertan cursos, info xeral, etc, que non están actualizadas ou son erróneas).

Para calquera dúbida ou consulta, podes escribirme a: orientadorafloriani@gmail.com

Unha aperta!
Rosa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE