TOMA DE DECISIÓNS (Ori. Académica P.3)
Unha vez teñamos feito un exercicio de autocoñecemento (coñecer ben os nosos propios intereses, as nosas capacidades, aptitudes, motivacións, etc), e teñamos revisado a información acerca das modalidades, itinerarios de FP ou bacharelato, dos graos universitarios, etc. Toca tomar decisións.
Cando as decisións son fáciles (decidir entre xogar ou estudar: non hai debate!), non hai dúbidas. O conflito aparece cando as decisións son difíciles e non sabemos que opción escoller. Para iso, ás veces resulta útil ter algunha estratexia ou plan.
Xa vos anticipo que non hai fórmulas máxicas para acertar coa decisión, pero sí hai estratexias que axudan a que as posibilidades de tomar a decisión acertada (ou que nos agrade) aumenten.
Propoñovos un modelo concreto que vos pode resultar moi útil cada vez que teñades que tomar unha decisión importante. Trátase do modelo DECIDES de Krumboltz e Hamel (Álvarez e outros, 1991) que consta dos seguintes pasos:
- Definir o problema (o problema? Sí, cando temos que tomar unha decisión difícil temos un problema que resolver).
- Establecer un plan de acción.
- Clarificar valores.
- Identificar as alternativas existentes
- Describir os posibles resultados de cada alternativa.
- Eliminar alternativas que non nos interesan.
- Start- Comezar a acción.

Comentarios
Publicar un comentario