TRABALLO COOPERATIVO: XUNTANZA FIN DE CURSO
Hoxe xoves, 25 de xuño, puidemos ter a xuntanza final de curso do equipo de profesorado que forma parte do Plan de Formación de Aprendizaxe cooperativa. Foi presencial, no salón de actos e coas debidas mascarillas.
Despedimos o curso e aproveitamos para presentar un proxecto de formación de centro. Esperamos continuar o curso que vén co plan formativo do profesorado e contar con novas incorporacións. Tamén botaremos de menos ás persoas que non continúan no IES o vindeiro curso.
Moita sorte a todas e a todos e grazas pola vosa implicación!

Comentarios
Publicar un comentario