100% aprobados ABAU. PARABÉNS!
Parabéns ao noso alumnado de 2° bacharelato aprobados/as nesta excepcional ABAU 2020. Agora desexámosvos que acadedes os vosos obxectivos máis próximos.
Lembrade que o prazo para a solicitude de revisión de notas comeza hoxe mesmo, venres 17 de xullo, e remata o vindeiro martes 21 de xullo ás 14:00h.
Pensade ben as opcións que tedes á hora de solicitar admisión (20 a 28 de xullo) e a súa orde de preferencia. Todo isto, como sabedes, a través da aplicación Nerta.
Podedes contactar nestes días por posibles dúbidas ou consultas no correo electrónico orientadorafloriani@gmail.com ou ben consultando a páxina da CIUG.
Noraboa e moita sorte no voso camiño vindeiro!!!

Comentarios
Publicar un comentario