CHARLAS ASOCIACIÓN REXURDIR

A pesar das peculiaridades deste curso debido á situación de pandemia, seguimos organizando actividades nas que poidan colaborar axentes educativos externos ao centro (aplicando todas as medidas de seguridade coas que contamos).

Esta semana comezamos coas charlas da Asociación REXURDIR de Marín, como en cursos anteriores, sobre Habilidades sociais. Estarán connosco durante as sesións de titoría, nos catro cursos da ESO.

Estilos de comunicación, autoestima, imaxe persoal e autoconcepto, asertividade ou empatía, serán os contidos sobre os que falaremos, esperando crear debate e escoitar as opinións dos nosos rapaces e rapazas.

Grazas a Patricia e a Verónica pola súa labor e profesionalidade, así como ás titoras e titores que acompañan na organización das sesións.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE