SERVIZO ATENCIÓN TELEFÓNICA-ÉRGUETE
A Asociación Érguete acaba de lanzar un Servizo Telefónico de Prevención e Información sobre Adiccións, donde os mozos e mozas do Concello de Redondela poderán consultar, vía Whatsapp, todas as súas dúbidas e preocupacións de maneira totalmente anónima.
Este Servizo nace co obxectivo de ofrecer información e orientación sobre:
- Diferentes substancias e os efectos derivados do seu consumo.
- Situacións problemáticas que poden derivar do consumo de drogas e doutras condutas adictivas.
- Recursos dispoñibles máis próximos.


Comentarios
Publicar un comentario