COOPERATIVO NA BIBLIO
No mes de decembro puidemos facer traballo cooperativo co alumnado na Biblioteca do centro (Bibliofloriani) grazas ás mamparas e a disposición das mesas que organizou a coordinadora da mesma (Pili Dios) xunto co profesorado do grupo de traballo.
Deixámosvos algunhas imaxes desas sesións, que esperamos continuar ao longo deste curso, nas que profesoras de Introdución (4°ESO A) e de Xeneralización (4° ESO B-H) levaron a cabo traballo cooperativo en equipos, as primeiras facendo estruturas básicas e as segundas abrindo os cadernos e plans de equipo.
Grazas polo voso traballo!!!



Comentarios
Publicar un comentario