FORMACIÓN PROFES: APRENDIZAXE COOPERATIVA

Seguimos neste segundo trimestre do curso coa formación do profesorado en Aprendizaxe Cooperativa. Hoxe pola tarde tivemos a terceira sesión de todo o equipo formativo do PFPP deste ano.

Para adaptarnos a este tempo de pandemia, esta  formación facémola online, a través da plataforma WebEx, e co alumnado traballamos en equipos cooperativos na biblioteca do centro, habilitada con mamparas, coas distancias de seguridade e as preceptivas máscaras.

Hai que adaptarse ás situacións e ir cara adiante, así que moito ánimo a todos e todas e grazas ás persoas que vos implicades na mellora do ensino!






Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE