Este mércores 13 de febreiro visitamos, co alumnado de 2° Bacharelato, o campus universitario de Santiago de Compostela, escollendo aquelas facultades que nos interesaba coñecer. No campus Norte visitamos Educación infantil e Primaria, Traballo social, Odontoloxía e Enfermería. No campus Sur , Psicoloxía e Ciencias da educación, Matemáticas, Física, Enxeñería Informática, Bioloxía, Farmacia e Dereito e Ciencias Políticas. Comimos na residencia universitaria Monte da Condesa, que aproveitamos para visitar guiadas polo seu conserxe. Xa pola tarde, visitamos no Pazo de Fonseca o salón de recepcións e a súa marabillosa biblioteca. Rosi, a guía, que foi moi atenta e instrutiva, ensinounos tamén o paraninfo da Facultade de Historia. Non podiamos perder a ocasión de asomarnos á biblioteca desta facultade, que é impresionante, animadas pola profesora Marga Tovar. Coma sempre, visitar Santiago foi un pracer. Grazas a Marga e a Ch...